- Onde estás?
- No turulete.
- E que comes?
- Pan de molete.
- Dasme un cacho?
- Darei, faire.
- Pois baixa, que eu subirei.
Intérprete: Manuel Uzal (n. 1938), de Carral (A Coruña).
Compilado por: María Otero.
Notas: O rapaz ten que estar a cabalo do outro e cando o que está abaixo di "Pois baixa, que eu subirei", os participantes deben cambiar os papeis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario