Páginas

27/5/13

Marica, chus, chus

Pasei pola túa porta
e mirei polo cerrollo,
e a ladra da túa nai
meteume un pau
por un ollo. (bis)
Ai, lalelo, ai, lalalo.

Apaga o candil
Marica, chus, chus,
apaga o candil
que vai moita lus.
Que vai moita lus,
moita claridá,
apaga o candil
e achégate alá.

O teu pai é chocolate,
a túa nai chocolateiro,
o teu pai lame as cazolas,
a túa nai lame os pucheiros. (bis)
Ai, lalelo, ai, lalalo.

Intérprete: Mª Soledad (n. 1960), de Cariño.

Compilado por: Patricia Alonso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario