Páginas

25/5/13

Unha pega, lega, zacega

Unha pega lega, zacega,
zacemegorda,
cotomelada e xorda
díxolle á outra pega,
lega, zacega,
zacemegorda,
cotomelada e xorda:
- Pega lega, zacega,
zacemegorda,
cotomelada e xorda,
como criaches aos teus
pegos, legos, zacegos,
zacemegordos,
cotomelados e xordos?
- Pois crieinos eu pega
lega, zacega,
zacemegorda,
cotomelada e xorda.
E cando ti teñas aos teus
pegos, legos, zacegos,
zacemegordos,
cotomelados e xordos,
tamén os criarás moi ben,
pega lega, zacega,
zacemegorda,
cotomelada e xorda.

Intérprete: Paula (n. 1986), da Coruña.

Compilado por: María Veiga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario