Mi curuxiña
come pan e ceboliña,
como a queres
grande ou pequeniña?
Intérprete: Mª Concepción Casar (n. 1914), de Bóveda (Lugo).
Compilado por: Sandra Pérez.
Notas: Esta canción cántaselle aos nenos colléndolle a man e facéndolle cóxegas mentres se recita. Cando se lle fai a pregunta o neno deberá responder. Se responde "grande" dáselle unha palmada na man, e se responde "pequeniña" fáiselle unha caricia na man.
No hay comentarios:
Publicar un comentario