Páginas

11/4/13

Toca o pandeiro Manuel

Toca o pandeiro Manuel
e que non falte alegría.
Toca o pandeiro Manuel
e que non falte alegría
que esta noite nacerá Xesús,
fillo da Virxe María,
que esta noite nacerá Xesús,
fillo da Virxe María.
¡Ai! no portal de Belén
tiña que haber un galego.
¡Ai! no portal de Belén
fora de Ourense ou de Lugo,
da Coruña ou pontevedrés
e tiña que estar, e tiña que haber
algún galeguiño xunta do recén,
xunta do recén non pudo faltar
algún galeguiño para aturuzar.

Intérprete: Lourdes (n. 1958), de Ponteceso.

Compilado por: Iria Sánchez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario