Imos levar unha pouca roupiña
tres polas, dous galos máis unha galiña,
un aniño, dúas pombas sen pel,
tres rulas ó xeito e un tarro de mel.
Ai meu neno! Meu rei! Meu meiguiño!
Non tes un albergue, non tes un leitiño.
Sen arrimo nas pallas estás,
ai meu queridiño, que frío terás!
Intérprete: Fátima (n. 1990), de Betanzos.
Compilado por: Silvia Freire.
No hay comentarios:
Publicar un comentario