-Quen te picou?
-A pica polaina.
-Vai por ela e tráema.
Intérprete: Paula (n. 1985), do Barco de Valdeorras.
Compilado por: Lucía V. Moldes.
Notas: É un xogo similar ó da pita cega. A persoa que apanda ten os ollos pechados ou vendados. Os outros nenos, por quendas, pínchano, belíscano ou fanlle cóxegas. Entón pregúntanlle "Quen te picou?". Cando din "Vai por ela e tráema" o neno abre os ollos ou quita a venda e ten que adiviñar quen foi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario