Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta xogo de atopar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xogo de atopar. Mostrar todas las entradas

18/4/13

Aceiteira, vinagreira

Aceiteira, vinagreira
ras por ras, aceite non das.
Un pillizquiño no cú
e botar a escapar.
Esconderos galiñas e capones
por todos los rincones
que a lebre va a escapar.
Que escapa, que escapa,
están os paxariños na xaula?
Pois aí vai a lebre.

Intérprete: Lorena Rodríguez (n. 1990), da Coruña.

Compilado por: Elena Salgado.

Notas: Despois de "Están os paxariños na xaula?" hai que esperar a que os demáis digan que si.

13/3/12

A pica polaina

-Quen te picou?
-A pica polaina.
-Vai por ela e tráema.

Intérprete: Paula (n. 1985), do Barco de Valdeorras.

Compilado por: Lucía V. Moldes.

Notas: É un xogo similar ó da pita cega. A persoa que apanda ten os ollos pechados ou vendados. Os outros nenos, por quendas, pínchano, belíscano ou fanlle cóxegas. Entón pregúntanlle "Quen te picou?". Cando din "Vai por ela e tráema" o neno abre os ollos ou quita a venda e ten que adiviñar quen foi.

Veo, veo

-Veo, veo.
-¿Qué ves?
-Una cosita.
-¿Qué cosita es?
-Empieza por...

Intérprete: Paula (n. 1985), do Barco de Valdeorras.

Compilado por: Lucía V. Moldes.

Variantes: Veo, veo (2), Veo, veo (3).

Pim-pim

Pim-pim,
por aí non vin.
Chas-chas,
por aí ben vas.

Intérprete: Paula (n. 1985), do Barco de Valdeorras.

Compilado por: Lucía V. Moldes.

Notas: O xogo consiste en buscar un obxecto agochado. Cando o neno está preto díselle "Chas-chas, por aí ben vas" e, cando está lonxe, "Pim-pim por aí non vin".